Showing posts with label galego. Show all posts
Showing posts with label galego. Show all posts

5.06.2013

O SOV da CNT-AIT de Vigo maniféstase masivamente neste 1º de Maio


A asemblea do SOV vigués decidiu facer unha arriscada aposta manifestándose só (acompañado por diversas plataformas sociais da cidade), xa que o resto dos sindicatos (o mesmo da que sexan os “maioritarios” que os “alternativos”) seica prefiren facer xornadas lúdico-festivas -están os tempos para iso, claramente- e por iso non podiamos pasar. E, á vista do acontecido, temos que estar moi satisfeitos. O eterno mal da escasa militancia pareceu diluírse por un día e puidemos ver a unhas 300 simpatizantes (de abondo para unha cidade con outras 3 manifestacións grandes) manifestarse cos nosos lemas. Sen autobuses turísticos polo medio, nin coches con megafonía, nin ghaiteiradas festeiras varias, manifestámonos con moitas forzas e ganas de cambiar esta merda de mundo que nos toca sufrir. O noso percorrido, duns 2 kilómetros aproximadamente, partiu do Paseo de Alfonso XII ás 12 horas e rematou na Praza da Independencia, xusto ó lado da maior comisaría de policía da provincia, momento no cal puidemos cantarlles ás forzas represoras as nosas cancións de amor adicadas. Finalmente as nosas compañeiras Leti e Fernando leron sendos mitins, recalcando a importancia desta data polo que fixeron os chamados mártires de Chicago, congregando a numerosas persoas que andaban pola zona.

12.20.2012

A CNT emite un novo comunicado de prensa en apoio os traballadores do Ateneo Ferrolan

Novo comunicado de prensa en apoio os traballadores do Ateneo Ferrolan

COMUNICADO DA CNT

Dende o SOV CNT – FERROL apoiamos a inciativa da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán que, a través dos seus traballador@s e ante a negativa do PP do Concello de Ferrol a facilitarlles as chaves da súa sede que ocupan dende hai 30 anos, optaron por entrar no edificio coa chave que sempre tiveron e que por dereito utilizaron.

10.28.2012

CNT convocará folga xeral o 14N contra a reforma laboral, os recortes, e o saqueo contra a clase traballadora


 Desde o inicio da crise económica, a CNT defendeu a folga xeral como principal ferramenta da clase traballadora contra os ataques da banca e a patronal. Rexeitamos a negociación á que o sindicalismo de concertación chamaba ao goberno para suavizar a reforma laboral tras a folga xeral do 29M.

10.17.2012

A CNT de Betanzos inicia conflicto contra GALIPACK


A CNT ven de dar os primeiros pasos, para demandar a GALIPACK EXPRESS (máis concretamente contra Transportes García Santos S.L.) empresa de transportes de mercaduría sita en Oleiros (A Coruña).
O Sindicato ten detectado que esta empresa ten contratos en fraude de lei, e que non está aplicando o "Convenio de Transportes de mercancías por carretera".GALIPACK ten conductores contratados con contratos eventuáis en rutas de reparto fixas e pagandolles según o convenio de Mensaxería - moi inferior-.
Na páxina do Sindicato da CNT de Betanzos, iremos engadindo todas as novas.

Tirado de Betanzos Libertario:  cntbetanzos.blogspot.com

8.16.2012

Asemblea de traballadores e traballadoras fronte ao ERE de Coremain


CNT coremain
Na tarde de onte celebrouse unha asamblea convocada polo Comité de empresa, na que se sometía á plantilla a aceptación ou non do ERE presentado pola direción. Nesta asemblea o propio Comité negou a participación dunha asesora da CNT. Nesta asamblea o Comité si tivo asesores que destacaron pola súa escasa participación e que por desgracia non resolveron as dúbidas que plantexaron @s traballador@s.

O Comité non aportou ningún dato ao respecto do ERE, só dúas cifras de supostas perdas que aduce a empresa para o que vai de ano e o que queda. O Comité chegou a afirmar na asamblea que “eles non teñen economistas”. Gustaríanos saber se CCOO e UGT non teñen economistas. E se é que os teñen, como é obvio, por qué non aportan estes a un proceso de negociación dun ERE? A resposta é doada, estando a favor do ERE non hai que contrastar nin verificar información algunha.

5.20.2012

Panadaria PANGARCOS, paga o que debes!




O venres 18 de maio tivo lugar a primeira concentración da CNT Compostela á porta da panadaria PANGARCOS para reclamar os pagos que os seus donos adebedan á nosa compañeira.

Este negocio, que presume de conxugar a tradición familiar de facer pan e outros productos co deseño máis moderno, é un exemplo, si, pero da falta de escrúpulos dos seus donos, que non dubidan en falsear nóminas, impoñer horas extra e despedir sen pagar o estabelecido pola lei ás súas empregadas. En fin, uns explotadores máis que aspiran a enriquecerse tiranizando ás súas traballadoras e roubándolles tras unha fachada de empresa tradicional e familiar.

5.18.2012

Panadaria Pangarcos: Explota, despide e non paga


Panadaria Pangarcos: Explota, despide e non pagaA Panadaria Pangarcos despediu o 4 de Abril a unha compañeira deste sindicato despois de aplicar durante máis de un ano a sua “exemplar política de persoal”. O proceso que o indivíduo dono desta panadaria, segue para impoñer as condicións laborais no seu local é o seguinte:


5.04.2012

Crónica do 1 de maio

A mañan prometía choiva en Compostela, pero o tempo respetounos. Xa que non nos respetan nin o goberno  nin os empresarios, agradecese que polo menos nos respete o tempo. O Concello de Santiago intentou boicotear o noso acto impedindo a toma de corrente para o mitin final. De pouco lles valeu. A CNT ten recursos para actuar e funcionar sen as súas esmolas.

Crónica da última concentración no Toural

O pasado mércores 25 de abril, malia unha pertinaz choiva fría, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos na praza do Toural, tal e como vimos facendo dende hai muitos meses dentro da campaña "Nin recorte de dereitos nin reforma laboral".


As condicións no eran moi favorables, chovía a cachón e achegábase a hora do fútbol, polo que as rúas estaban case baleiras. Aínda así a xente parou a escoitarnos e repartimos todalas octavillas que levabamos. Ata se viu a un policía lendo unha delas con interés!

3.22.2012

Manifestación 24 Marzo en Compostela: Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

manifestación reforma laboral 2012 CNT Galiza
Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha série indefinida de recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 24 de 
Marzo. A manifestación partirá da Alameda às 12:00 (desde o palco da música), para rematar na Praza do Oito de Marzo.

3.18.2012

[Galicia] Convocatorias cara a Folga Xeral

Irase actualizando....
Venres 16. Acto no Concello de Bergondo. Aula de Cultura ás 20 horas
Sábado 17. Concentración en Bertamiráns. No Mercado ás 19 horas.
Mercores 21.Concentración en Compostela. Praza do Toural ás 19 horas
Venres 23. Acto no Concello de Betanzos. Salón Azul do Liceo ás 20 horas
...
Sábado 24. Manifestación da CNT .
Compostela. Saída desde a Alameda ás 12 horas

3.07.2012

IIIª Edición Foro-Mesa Redonda «O sector forestal a debate».


A Sección Sindical Forestal da CNT-AIT considera que para mellorar as condicións laborais e a calidade de vida das traballadoras e traballadores do sector forestal non só é preciso facer unha labor exclusivamente sindical, senón que débese facer tamén unha labor a nivel cultural divulgando os coñecementos sobre o sector forestal para que serva como escola para que a sociedade teña instrumentos para xestionar a nosa liberdade e capacidade.
Pensamos que se pode mellorar a rendabilidade do sector forestal en Galiza, buscando o equilibrio entre os aspectos económico, social e ecolóxico.

1.11.2012

Nen recortes de dereitos nen reforma laboral!

O sábado 14 de xaneiro, ás 12.00, CNT-Compostela concentraráse na Praza do Pan (Cervantes).
Por que? A lista de razóns é interminábel. Para comezar:
-Case cinco millóns de persoas no paro.
-Subida de impostos ós traballadores.
-Empeoramento das condicións de contratación coa xeralización do contrato temporal.
-Conxelación de salarios.
-Privatización dos servizos públicos.
-Desafiuzamentos a esgalla.
-...