A
Panadaria Pangarcos despediu o 4 de Abril a unha compañeira deste
sindicato despois de aplicar durante máis de un ano a sua “exemplar
política de persoal”. O proceso que o indivíduo dono desta panadaria,
segue para impoñer as condicións laborais no seu local é o seguinte:
Se lle pago o tempo que realmente traballa, terei menos beneficios eu? SI, logo non lle vou pagar as horas extra.
Se lle dou vacacións, non vai traballar, pero si cobrar, compensa-me? NON, pois non lle dou vacacións.
Traballa os festivos SI, as extras en festivos pagan-se a maior prezo que as ordinária? SI, logo non llo dicimos a ninguén e pagamos-lle menos.
Se lle pago o salario que lle corresponde por convénio quedará menos para min? SI, logo fago-lle asinar nóminas falsas e só lle pago a metade.
Despois de realizar unha xornada laboral de 10 horas diárias de luns a sábado, despois de non ver un can do que lle corresponde por horas extraordinárias e festivos, despois de non disfrutar vacacións, despois de nen sequera cobrar o seu salario, en definitiva, despois de todas estas aldraxes á dignidade e aos direitos da nosa compañeira, a Panadaria Pangarcos despide-a e decide non pagar-lle o que corresponde legalmente.
Pero en todo o razoamento que o indivíduo dono desta panadaria existe un problema. Non pensou que fose dar coa CNT, porque coa CNT non se xoga, porque se tocan a unha compañeira tocan-nos a toda a CNT, porque non imos permitir unha agresión máis aos direitos da nosa compañeira.
PANADARIA PANGARCOS PAGA O QUE DEBES

No comments:
Post a Comment