A mañan prometía choiva en Compostela, pero o tempo respetounos. Xa que
non nos respetan nin o goberno nin os empresarios, agradecese que polo
menos nos respete o tempo. O Concello de Santiago intentou boicotear o
noso acto impedindo a toma de corrente para o mitin final. De pouco lles
valeu. A CNT ten recursos para actuar e funcionar sen as súas esmolas.
A CNT Compostelana inicia a súa manifestación ás 12:30 e nela imos os
compañeiros/as de Betanzos que ata alí nos desprazamos. Pouco a pouco
foise sumando xente á manifestación que rematou na Praza do Toural onde
tomaron a palabra tres oradores ante varios centos de persoas.
Este ano a CNT, demostrou a súa crecente capacidade de movilización con 5
manifestacións distintas en Galicia. Paso a paso vaise abrindo camiño o
anarcosindicalismo.
Viva a loita dos traballadores!!
Viva o Primeiro de Maio !!
No comments:
Post a Comment