3.07.2012

IIIª Edición Foro-Mesa Redonda «O sector forestal a debate».


A Sección Sindical Forestal da CNT-AIT considera que para mellorar as condicións laborais e a calidade de vida das traballadoras e traballadores do sector forestal non só é preciso facer unha labor exclusivamente sindical, senón que débese facer tamén unha labor a nivel cultural divulgando os coñecementos sobre o sector forestal para que serva como escola para que a sociedade teña instrumentos para xestionar a nosa liberdade e capacidade.
Pensamos que se pode mellorar a rendabilidade do sector forestal en Galiza, buscando o equilibrio entre os aspectos económico, social e ecolóxico.


Nestes tempos difíciles polos que pasamos, queremos cambiar para mellor esta crúa realidade e desexamos que o sector forestal tome un impulso importante para que manteña vivo o medio rural galego e a sociedade tome conciencia da súa importancia como factor de
desenvolvemento.

Por todo isto, dende a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT decidimos organizar este foro-mesa redonda para tratar de expoñer a debate diversos temas dentro do sector forestal galego.
Agora imos presentar os relatores desta terceira edición do Foro-mesa redonda”O sector forestal a debate”:

Pola mañá, dende as 10 ata as 14 horas falarán os seguintes relatores:

-Sector alimentario: Alejandro Martínez (Sociedade Cooperativa Agraria Condado-Paradanta)

Falaranos da súa experiencia a cargo desta cooperativa que comercializa queixo e mel elaborados artesanalmente froito do aproveitamento da vexetación forestal.

- Conflito das biomasas en Galiza: Ateneo Libertario Lume Negro.
Tratará o tema do aproveitamento de biomasa forestal para a producción de enerxía, así como os beneficios e inconvintes das plantas de biomasa que se pretenden instalar en Galiza.

- Aproveitamento forestal: Brais Pereira (Comunidade de Montes de Santa Cristina da Ramallosa)
Falará sobre a súa experiencia na citada comunidade de montes e dos aproveitamentos forestais que se poden realizar nas mesmas, así como dos seus beneficios.

-Educación Ambiental: Xoán Pousa (Educador ambiental e Presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental)

Tratará o tema da importancia do ensino ambiental como instrumento para dar a coñecer e valorar o medio que nos rodea.

Pola tarde, dende as 16 ata as 20 horas, intervirán:

- Ámbito gandeiro: Francisco Chivite (Veterinario oficial)
Falará das enfermidades máis comúns que pode contraer o gando en réxime extensivo, ademais dos beneficios que aporta ao monte e á sociedade.

- Comportamento do lume e queimas controladas: Alejandro Jiménez (Enxeñeiro Técnico Forestal)
Falaranos dos parámetros físicos que determinan o comportamento do lume nun incendio forestal e das condicións en que se deben realizar as queimas controladas.

- O nematodo do piñeiro: Anxo Saborido (Coordenador da Federación Ecoloxista Galega)
Falaranos dos problemas que causa o nematodo do Piñeiro, así como dos métodos de prevención, control e erradicación.

- Sector alimentario: Jorge Rincón (Como Cabras Sociedade Cooperativa Galega)
Falaranos da súa experiencia a cargo desta cooperativa adicada á elaboración artesanal de queixo e doutros productos derivados de leite de cabra alimentadas a partir da vexetación que medra no monte.

Os actos serán o sábado 10 de Marzo no centro cultural de Xinzo (Ponteareas).

No comments:

Post a Comment