8.16.2012

Asemblea de traballadores e traballadoras fronte ao ERE de Coremain


CNT coremain
Na tarde de onte celebrouse unha asamblea convocada polo Comité de empresa, na que se sometía á plantilla a aceptación ou non do ERE presentado pola direción. Nesta asemblea o propio Comité negou a participación dunha asesora da CNT. Nesta asamblea o Comité si tivo asesores que destacaron pola súa escasa participación e que por desgracia non resolveron as dúbidas que plantexaron @s traballador@s.

O Comité non aportou ningún dato ao respecto do ERE, só dúas cifras de supostas perdas que aduce a empresa para o que vai de ano e o que queda. O Comité chegou a afirmar na asamblea que “eles non teñen economistas”. Gustaríanos saber se CCOO e UGT non teñen economistas. E se é que os teñen, como é obvio, por qué non aportan estes a un proceso de negociación dun ERE? A resposta é doada, estando a favor do ERE non hai que contrastar nin verificar información algunha.


Ao respecto do debate que se deu non se fixo máis que marear á xente que cambiaba continuamente de postura en función da derradeira palabra escoitada. Iso si, non tardou en verse a postura do Comité en tanto defendeu a “perigosidade” de non apoiar o ERE, é dicir, tal e como lle recriminaron varios traballadores ao Comité, este empregou a tan manida estratexia do medo.

Esta estratexia foi igualmente empregada ó debatir sobre a modificación da retribución salarial. De primeiras o Comité está en desacordo pero logo aduce a inutilidade de negarse a esa baixada. E o que ocorreu foi que 53 persoas votaron SI ao ERE fronte a 52. Quixerámoslle recordar ao Comité que isto non é a maioría da plantilla. No caso da baixada da retribución a diferencia foi moito maior e gañou o Non por maioría.

Que se lle pasa pola cabeza á xente cando decide tan alegremente que 11 persoas vaian á rúa? Máis aínda cando unha desas persoas lles di que non está dacordo co ERE e pide a negativa ao ERE?
Dende a CNT denunciamos que os Comités de Empresa non sonm máis que aparatos mediadores que sirven á vontade das Empresas para facernos tragar medidas de recorte dos nosos dereitos, dos nosos salarios, das nosas condicións laborais. E o comité de empresa de Coremain é unha proba palpable de todo isto. Un Comité, se foran sindicalistas de verdade, coa que está caendo debe negarse en todo momento a aceptar despedimentos, sobre todo, cando quedou manifesto na propia asamblea que eses despedimentos, de ser certas as perdas que a empresa alega, non servirían para paliar o máis mínimo esas perdas.

No comments:

Post a Comment