Esta semana a CNT de Coruña e Madrid realizaron actos de solidariedade cos compañeiros despedidos pola Xunta de Galiza a través das empresas Tecnocom e Tragsa.
Os compañeiros da Coruña fixeron o xoves 24 unha concentración diante da sede de NovaCaixaGalicia na Avenida da Marina durante o trascurso dun evento comercial de Tecnocom. Entre as 12.15 ás 14.00 os compañeiros informaron aos asistentes ao evento e aos viandantes das prácticas anti-obreiras desta empresa.
Desde o Sindicato do Metal de Madrid tamén apoiaron e se solidarizaron cos compañeiros informáticos da Xunta de Galicia. Unha decena de militantes concentraron-se o martes 22 de Marzo ás 19:00 ante a sede a Xunta de Galicia en Madrid, situada na Rua Casado do Alisal (detrás do Museo do Prado) en apoio aos traballadores despedidos. Os compañeiros despregaron unha faixa onde se lia un lema en contra da cesión ilegal de traballadores e informaron aos transeúutes. Algúns compañeiros da concentración entraron no edificio da sede para deixar tamén o panfleto informativo. Os traballadores que se atopaban a esa hora no edifício mostraron interese e baixaron para informar-se e tamén animar e agradecer o apoio que estaban a dar aos compañeiros de Compostela.

No comments:
Post a Comment