9.28.2012

26S en Compostela



Na tarde do mércores 26 de Setembro celebramos unha concentración na Praza do Toral en apoio e solidariedade cos compañeiros e compañeiras de Euskadi e Nafarroa, que desenvolvían nese día a súa xornada de folga xeral convocada á marxe dos sindicatos oficiais CCOO e UGT. Centrándonos na necesidade de articular un clima permanente de mobilización ante os recortes que estamos a padecer e o que nos quedan, concentrámonos na Praza do Toural até que a manifestación convocada espontaneamente despois dos actos do 25 de Setembro veu a buscarnos.


Logo de manternos na praza un rato máis, decidimos aderirnos a esta manifestación e descender unitariamente até o Parlamento da Galiza, onde se lanzaron consignas contra o governo e pola necesidade da auto-organización popular desde a base e co asemblearismo e o cooporativismo como directrices básicas. Finalmente rematamos o acto logo dun novo paseo até a praza Roxa.

No comments:

Post a Comment