As compañeiras e compañeiros de CNT Compostela continuamos coas
concentracións ás portas de panadaría Pangarcos para denunciar as
políticas laborais do propietario do negocio.
Nas concentracións segunda e terceira informamos á xente co megáfono e repartimos centos de panfletos que explican a situación da nosa compañeira. A policía nacional apareceu, supoñemos que avisada polo dono dende o seu seguro tobo en Carballo. E que siga vindo cantas veces queira e poida dentro do seu horario "laboral", que nós estaremos ás portas do local de Pangarcos.
Polo momento non fan máis que espertar a curiosidade da veciñanza do barrio, xa ben informada da explotación laboral que tivo lugar no familiar negocio. Tras preguntar ás compañeiras e compañeiros, as veciñas e veciños non dubidan en mostrar a súa simpatía e solidariedade coa compañeira, afirmando muitos deles que non consumirán máis os productos de Pangarcos ata que a débeda sexa paga.
Tras negarse a negociar coa CNT e mal aconsellado, o empresario empezou a seguir una errada estratexia de ataque coa que non fai máis que delatar o que agacha o seu disfraz de dono de negocio tradicional e familiar, pois prefire intentar facernos calar coas súas chamadas á policía, que de nada serven, ou pendurar carteis cos que quere enganar ás veciñas e veciños en vez de facer o que é xusto: pagar o que debe.
E volveremos as veces que faga falta para denunciar esta inxustiza. Dende a CNT non cesaremos coa nosa acción ata que a compañeira reciba ata o último céntimo do que lle corresponde.
PANADARÍA PANGARCOS, PAGA XA O QUE DEBES!

No comments:
Post a Comment