2.20.2011

Violonchelo Blue explota, despide e non paga


A propietaria da Gardería Violonchelo Blue, da tenda de complementos Moos e da inmobiliaria/asesoría Grupo Mercalar, Concha Lavid, coñecida empresaria de Bertamirans, despediu o sábado da semana pasada a unha compañeira da Gardería despois de sufrir agravios e un acoso incesante desde que comezou a traballar ata o seu despedimento.

Exemplo disto é o pago do salario por debaixo do que marca o convenio ou a realización de horas extraordinarias de xeito sistemático.

Ademáis de todo o anterior Concha tentou con moita insistencia minar a autoestima da traballadora e unha vez o conseguiu, despedimento, estas na rúa e buscate a vida, até o punto de que se tivo que persoar a policía no lugar xa que Concha non lle queria entregar a carta de despedimento á compañeira.

Concha, con coñecemento do seu erro xa recoñeceu a improcedencia do despedimento, pero o que non acaba de entender é que a nosa compañeira ten dereito a recibir todo o que lle corresponde por lei:

· O pago da diferencia entre o que realmente cobrou e o que marcaban as nóminas.
· O pago de todas as horas extraordinarias realizadas durante o tempo traballado na empresa.
· O finiquito completo

Por todo isto esiximos que Concha pague até o último céntimo que lle debe a esta traballadora. Desde a CNT de Compostela levaremos a cabo todas accións que consideremos oportunas ata o pago das cantidades adebedadas á nosa compañeira.

CONCHA LAVID, PROPIETARIA DE VIOLONCHELO BLUE, MERCALAR E MOOS: ¡PAGA O QUE DEBES!

No comments:

Post a Comment