Despois de se facer efectivas as readmisións dos compañeiros despedidos por Tecnocom en decembro do ano pasado, e cuxos despedimentos foron declarados nulos, a CNT ven de constituir unha Sección Sindical na oficina que Tecnocom, unha das cinco maiores Compañias do sector das Tecnoloxias da Información e a Comunicación do Estado, ten no Polígono Industrial do Tambre, en Compostela.
A Sección nace coa vontade de asentar na empresa unha alternativa sindical independente e asemblearia aberta a todos os traballadores e traballadoras e de servir de vehículo de denuncia da precariedade laboral que existe tanto nesta empresa como no sector das Consultorias. Este é un sector no que a precariedade laboral alcanza cotas elevadísimas, ao se tratar dun sector case desregulado no que os salarios apenas ultrapasan o SMI ou no que a contratación indefinida apenas existe.
http://www.cntgaliza.org

No comments:
Post a Comment