1.20.2011
Concentración na Tesouraria Xeral da Seguridade Social
Hoxe, xoves dia 20, produciu-se a primeira mobilización da CNT de Compostela de cara à folga xeral do próximo 27 de Xaneiro. Un piquete de militantes do sinicato realizaron unha concentración nas portas do edifício administrativo da TXSS e do EVI na rua de Galeras de Compostela, presentando ante os traballadores e traballadoras de Compostela o alcance da desfeita que pretende facer o PSOE nas nosas pensións.
Por espazo dunha hora, repartiron-se centos de panfletos, ao tempo que se despregaba unha faixa alusiva ao tema e se facían chamamentos à organización operária como única forma de enfrentar os recortes de direitos que estamos a sufrir os traballadores e as traballadoras nos últimos tempos, sinalando como principais responsábeis desta situación ao sistema económico e ao poder político, actualmente en mans do PSOE, sen esquecer o papel cumplice xogado polas entidades xestoras falsamente auto-nomeados sindicatos CCOO u UGT.
Este último ataque contra os dieritos dos traballadores, vai dinamitar o noso sitema de pensións escudandose unha vez máis na crise creada por eles mesmos e que pagamos os de sempre. Xa esta ben de que nos queiran tomar por parvos.
Hai 30 anos que se está dicindo que o sistema público de pensións está en quebra, que dentro de pouco non vai haber diñeiro para pagar as nosas pensións. Non a se sabe a que ben tanto alarmismo ... ou si, a potenciar e obrigar que teñamos que contratar os plans de pensións da Banca privada. Dos mesmos que crean a crise e se enriquecen con ela.
Os últimos 10 anos foron nos que o superavit da seguridade social foi maior. Sen embargo, este último ano, parece que temos que morrer vellos e decrépitos no posto de traballo para poder cobrar o que por dieito é noso.
Por último e despois de todas estas mentiras, perfeitamente corroborabeis, soltan a bomba:
• Incremento da idade de xubilación aos 67 anos.
• 41 anos de cotización para cobrar ao 100% da nosa pensión.
• Incremento do periodo de cálculo da cuatía da pensión, con tendencia a coller toda a vida laboral da traballadora.
• Incremento dos anos de cotización mínima para acceder á xubilación.
E o anterior, xunto coa última reforma laboral, que temporaliza e precariza a clase traballadora é o que pode conseguir que algún día se acabe o diñeiro na seguridade social.
Por todo isto convocamos a toda a clase traballadora o vindouro día 27 de xaneiro á unha xornada de folga na Galiza.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment