Na tarde de onte, luns 20 de Decembro, un piquete da CNT concentraba-se nas portas da sede que a empresa Tecnocom ten no Polígono do Tambre. A concentración reclamaba a readmisión dos dous compañeiros despedidos pola empresa e a Xunta por ter denunciado a sua situación de traballadores cedidos ilegalmente, pois durante anos realizaron tarefas para a Xunta de Galicia mas contratados por Tecnocom.
Novamente percibimos o talante pouco negociador da empresa, que se vovleu negar a se reunir coa CNT, como leva facendo desde o momento do despedimento. Desde a CNT continuaremos a levar a cabo todas as accións sindicais que consideremos oportunas entanto os nosos compañeiros non sexan readmitidos no seu posto de traballo.

No comments:
Post a Comment