9.20.2010

Opportunity Contokes: explota, despide e non paga

Opportunity Contokes, empresa de venda de electrodomésticos, presente en distintos lugares da Galiza (Milladoiro, Vigo e Arteixo), é unha desas empresas rexidas por un empresário modelo galego. Bonificado pola administración, conductor dun potente todo-terreo, habitante dun fermoso chalé na praia. Mas por baixo dese ritmo de vida e de tanta bonificación por ser un bo empresário, a base é a explotación laboral e a falta absoluta de respeito aos direitos d@s traballador@s.


Esta é a situación, por exemplo, na sua tenda de Milladoiro, onde a sua única empregada sufreu durante anos esta explotación. Logo de ter denunciado a sua contratación por unha categoria inferior à que realmente desempeñaba e ser-lle legalmente recoñecida; logo de ter denunciado a xornada abusiva que estaba obrigada a realizar e ser-lles legalmente recoñecidas a totalidade das horas extraordinárias que realizaba, o bonificado empresário de Opportunity Contokes negaba-se a lle pagar estas cantidades.

Pero o empresário modelo non podia deixar que a situación ficase así. Apenas méia hora despois dunha reunión coa CNT na que se lle reclamaron os case sete mil euros en conceito de horas extras e diferéncias salariais de categoria que lle adebedaba à traballadora, este bonificado empresário deciciu que era mellor contar o asunto e despedí-la. Así o fixo.

Desde a CNT consideramos que este despedimento non ten efeito nengún. Consideramos que se trata dun despedimento absolutamente nulo e poremos a funcionar a máquina confederal contra este empresário permanente bonificado polas suas supostas boas prácticas empresariais.

http://www.cntgaliza.org 

No comments:

Post a Comment