9.13.2010

Crónica da manifestación deste sábado

Perto de 100 persoas participaron na manifestación convocada por esta sección sindical e a asamblea de traballadorxs este fin de semana. Xs bombeirxs forestais percorremos as rúas de Santiago de Compostela dende a Alameda até o Edif. Admtvo. de San Caetano. A elevada participación (ahí que ter en conta que a maioría de traballadorxs estaban de garda ao non ser xornada de folga), serviunos para demostrar que este ano, a auto-organización dxs trabaladorxs do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (S.P.D.C.I.F.) é imparable. A empresa e a Xunta de Galiza seguen facendo ouvidos xordos ás nosas xustas demandas, e a folga en toda Galiza na empresa SEAGA para o día 25 deste mes parece inevitable. Dende a Sección Sindical Forestal da CNT-AIT, queremos animar a tódolxs compañeirxs do S.P.D.C.I.F. dos distritos nos que aínda non se están a organizar en asambleas propias, senón que asisten ás de distritos veciños, a porse de acordo entre eles para facelas tamén nos seus. A organización horizontal en asambleas, será a maneira de acadar a unión que precisamos para dignificar e profesionalizar o noso oficio.


Por un sector forestal unido, consciente e combativo!
Adiante a luita anarco-sindical!

No comments:

Post a Comment