5.06.2013

O SOV da CNT-AIT de Vigo maniféstase masivamente neste 1º de Maio


A asemblea do SOV vigués decidiu facer unha arriscada aposta manifestándose só (acompañado por diversas plataformas sociais da cidade), xa que o resto dos sindicatos (o mesmo da que sexan os “maioritarios” que os “alternativos”) seica prefiren facer xornadas lúdico-festivas -están os tempos para iso, claramente- e por iso non podiamos pasar. E, á vista do acontecido, temos que estar moi satisfeitos. O eterno mal da escasa militancia pareceu diluírse por un día e puidemos ver a unhas 300 simpatizantes (de abondo para unha cidade con outras 3 manifestacións grandes) manifestarse cos nosos lemas. Sen autobuses turísticos polo medio, nin coches con megafonía, nin ghaiteiradas festeiras varias, manifestámonos con moitas forzas e ganas de cambiar esta merda de mundo que nos toca sufrir. O noso percorrido, duns 2 kilómetros aproximadamente, partiu do Paseo de Alfonso XII ás 12 horas e rematou na Praza da Independencia, xusto ó lado da maior comisaría de policía da provincia, momento no cal puidemos cantarlles ás forzas represoras as nosas cancións de amor adicadas. Finalmente as nosas compañeiras Leti e Fernando leron sendos mitins, recalcando a importancia desta data polo que fixeron os chamados mártires de Chicago, congregando a numerosas persoas que andaban pola zona.

Posteriormente o sindicato e as plataformas sociais que nos acompañaron ofreceron un xantar gratuito, tendo lugar despois un recital poético e a proxección de documentais no CSOA “Xuntas”. Además, colocouse un posto de libros informativo.
A nosa primeira valoración, que terá que ser ratificada pola asemblea local, é de grande satisfacción coa resposta das traballadoras da cidade, moitísimo maior da que agardabamos. O camiño antireformista queda claramente marcado. Agora queda continualo ata a emancipación total da clase traballadora.
VIVA O PRIMEIRO DE MAIO!!
VIVA A CNT-AIT!!
VIVA A REVOLUCIÓN SOCIAL!!

No comments:

Post a Comment